CRTVG

Buscar

Dous falecidos máis en Galicia nun día en que soben en 156 os casos activos

Publicado o 31/08/2020 12:06

• Un dos últimos mortos, un home de 90 anos, era usuario da residencia do Incio, o sétimo falecido deste xeriátrico

Lugo e Santiago, as áreas sanitarias con máis novos casos activos

Dous falecidos máis en Galicia nun día en que soben en 156 os casos activos

Galicia ten actualmente 3.640 casos activos. O último informe da Consellería de Sanidade reflicte un incremento de 156 casos activos con respecto ao domingo. Por áreas sanitarias, segue á cabeza A Coruña, con 1.392 (+10). Lugo rexistra un total de 730 (+55), Ourense 340 (+16), Pontevedra 226 (+8), Vigo 237 (+23), Santiago 582 (+42) e Ferrol 133 (+2).

 

Dous novos falecementos

En total, faleceron 643 persoas en Galicia dende o inicio da pandemia. As dúas últimas mortes son as dun home de 90 anos, usuario da residencia do Incio e ingresado no HULA, e unha muller de 89 anos, ingresada no hospital de Cee, ambos con patoloxías previas. A elas súmase a dunha muller de 93 anos que faleceu na tarde do domingo e que estaba ingresada no hospital Lucus Augusti. 

No tocante ás hospitalizacións, hai 17 persoas na UCI e 124 persoas están en planta. O número de persoas que se recuperan nos seus domicilios ascende a 3.499.

Nestes momentos en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas e realizáronse 335.554 probas PCR.