Dous falecementos elevan a cifra de vítimas a 2.552 desde o comezo da pandemia en Galicia
Publicado o 25/08/2021 19:59

O Sergas acaba de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de vítimas ascende a 2.552 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Un dos decesos rexistrouse na xornada de onte e é o dunha muller de 80 anos no hospital Virxe da Xunqueira. Na xornada de hoxe falecía unha muller de 84 anos no CHOP.
Segundo informa Saúde Pública, ambas presentaban patoloxías previas.