Dous encapuchados asaltan e atan unha empresaria de Lalín
Publicado o 11/11/2019 13:44
Unha empresaria de Lalín foi asaltada cando chegaba á súa casa o venres pasado á noite, por dous individuos encapuchados.
Os delincuentes ameazaron a muller cun coitelo e obrigárona a entrar na súa vivenda situada no lugar de Cercio para que lles dixera onde gardaba o diñeiro e as xoias.
Segundo o testemuño da vítima ante a Garda Civil, os autores do feito vestían de escuro e tiñan acento do leste de Europa.
Xa dentro da casa, os ladróns atárona a un cadeira e así a deixaron cando remataron a súa acción e abandonaron a casa.