CRTVG

Buscar

Dous dos investigados pola agresión sexual a unha muller de Bilbao, a prisión, e outro en liberdade con cargos

Publicado o 25/09/2019 13:57

Un xuíz de Bilbao enviou a prisión dous dos detidos por reter e agredir sexualmente unha muller nunha vivenda da capital biscaíña.

O terceiro dos investigados, que quedou en liberdade con cargos, negou calquera relación coa agresión.

O único dos tres investigados pola violación múltiple de Bilbao que quedou en liberdade con cargos volveu aos xulgados para cumprir coa comparecencia diaria que lle impuxo o xuíz. Este martes, despois de prestar declaración, o home, de nacionalidade alxeriana, queixouse dos tres días pasados no calabozo, segundo el, sen motivo.

"A moza dixo: estes dous mozos. Eu non, a moza non me coñece a min de nada. A policía colleume pola cara".

Aos outros detidos, dous irmáns de nacionalidade xeorxiana, o xuíz enviounos a prisión acusados de reter ilegalmente e agredir sexualmente unha muller nunha vivenda do centro da capital biscaíña.
A vítima, de 25 anos, denunciou que permanecera retida contra a súa vontade desde o xoves ao domingo pasados.

 

Noticias web

25/09/2019