CRTVG

Buscar

Dous días de loito en Nigrán e Salvaterra tras o accidente que provocou tres mortes

Publicado o 20/03/2021 14:08

As bisbarras do Condado e da Louriña permanecen conmocionadas polo fatal sinistro. Aquí en Ponteareas Suso, o xa viúvo de María Luisa Gondell Soliño, rexenta esta coñecidísima panadería do centro da vila, un negocio que, segundo indican as súas redes sociais xa vai na cuarta xeración. Tiveron outros establecementos na vila. Suso e a falecida son moi queridos polos seus empregados e pola súa clientela.
María Luisa é oriunda da parroquia nigranesa da Ramallosa, do barrio da Cabreira, e os seus dous fillos, de 13 e seis anos, serán velados neste tanatorio de Ponteareas. Residían en Salvaterra onde acababan de facer unha casa nova. Ambos os dous concellos Nigrán e Salvaterra acaban de decretar dous días de loito en homenaxe ás vítimas.
A empresa familiar dividiuse en dúas nos últimos anos rexentadas polos dous irmáns con establecementos tamén noutras localidades como Vigo.









 

Noticias web

20/03/2021