CRTVG

Buscar

Dous detidos tras unha persecución con disparos en Monforte de Lemos

Publicado o 19/02/2021 10:16
Dous detidos tras unha persecución con disparos en Monforte de Lemos

Unha lea de tráfico rematou en Monforte nunha persecución a tiros. A policía busca algúns dos implicados.

De momento, hai dous detidos e a policía busca o resto dos implicados. Todo comezou tras un leve accidente de tráfico nun dos accesos á cidade, preto do cemiterio.

Un turismo sufriu unha saída de vía nunha das rotondas, os ocupantes, que ían armados, abandonaron o vehículo e escaparon pola estrada. Segundos despois aparece un segundo vehículo que viña perseguindo o primeiro, tamén armados, e foron na súa busca.

Durante a persecución escoitáronse tiros que mesmo provocaron danos nalgúns vehículos que estaban estacionados na rúa, moi preto do tanatorio. Polo menos hai cinco coches con estragos por mor dos disparos. Afortunadamente, a pesar de ser unha zona moi transitada, xa que hai varias empresas, non houbo persoas feridas.