CRTVG

Buscar

Dous detidos por secuestrar e violar unha discapacitada en Madrid

Publicado o 21/04/2021 19:54

A policía localizouna seguindo a pista do seu teléfono móbil

Dous detidos por secuestrar e violar unha discapacitada en Madrid

En Madrid, a policía detivo dous homes acusados de secuestrar e violar unha moza discapacitada de 18 anos. Os homes asaltaron a moza cando saía desta estación de Parla. Seguírona e obrigárona a acompañalos a un domicilio que está a cinco minutos da estación. Segundo a vítima, alí violárona durante horas e logo obrigárona a ducharse para eliminar probas. Nun momento de descoido, a moza conseguiu mandarlle unha mensaxe á nai. A policía localizouna seguindo a pista do seu teléfono. A rapaza foi trasladada ata un hospital para someterse a un exame médico.

Noticias web

21/04/2021