CRTVG

Buscar

Dous detidos por intentar matar unha muller en Murcia

Publicado o 21/07/2021 19:36
Dous detidos por intentar matar unha muller en Murcia

En Murcia, a Garda Civil detivo unha parella acusada de regar unha muller con gasolina e prenderlle lume. A vítima conseguiu apagar as lapas enseguida, pero os agresores intentaron asfixiala poñéndolle unha bolsa de plástico na cabeza. A muller quedou inconsciente. Pero, segundo declarou, os agresores soltárona pensando que xa estaba morta e ela conseguiu recuperarse e fuxir. Os atacantes están detidos e acusados de intento de homicidio. Ao parecer, todo comezou por unha discusión  por unha denuncia de tráfico.

Noticias web

21/07/2021