CRTVG

Buscar

Dous detidos por agredir outro mozo en Nigrán

Publicado o 01/09/2020 17:13
Dous detidos por agredir outro mozo en Nigrán

Dous vigueses de 23 e 19 anos de idade foron detidos por, presuntamente, darlle unha malleira a outro mozo. A consecuencia dos golpes, a vítima tivo que ser intervida cirurxicamente.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos aconteceron na rúa dos Pazos de Nigrán á saída dun local de ocio nocturno. O enfrontamento comezou logo dunha discusión. O agredido presentou un parte médico na denuncia en que consta que quedou semiinconsciente, con múltiples golpes na cara e fractura do tabique nasal. Os dous arrestados quedaron en liberdade con obriga de compareceren periodicamente nos xulgados.

Noticias web

01/09/2020