CRTVG

Buscar

Dous detidos en Holanda por disparar a un xornalista especializado en crime organizado

Publicado o 08/07/2021 08:47
Dous detidos en Holanda por disparar a un xornalista especializado en crime organizado

Dous detidos en Holanda por atentar contra un xornalista en plena rúa. Peter de Vries, de 64 anos, especializado en crime organizado, atópase hospitalizado en estado grave tras recibir varios disparos. Múltiples imaxes que circulan polas redes sociais mostraron o xornalista tirado no chan con feridas na cabeza. O ataque ao reporteiro tivo lugar nunha rúa en pleno centro de Ámsterdam, preto dos estudos de RTL Boulevard, onde fora convidado como tertuliano.

 

Noticias web

08/07/2021