CRTVG

Buscar

Dous detidos en Alacante por estafar case 30.000 euros nun pedido de whiski

Publicado o 14/06/2020 12:58
Dous detidos en Alacante por estafar case 30.000 euros nun pedido de whiski

En Almoradí, na provincia de Alacante, os axentes da Garda Civil prenderon dous homes que non pagaran un pedido de 28.000 euros en whisky e intentaran revendelo. Os detidos, de 38 e 43 anos, están acusados de dous delitos de estafa pola compravenda de 2.738 botellas de whisky.

A bebida, como lle dicimos, están valoradas nuns 28 mil euros e, segundo consta na denuncia, non chegaron a pagar nada pola mercadoría.