Dous coches calcinados polo incendio dun colector de lixo en Poio
Publicado o 20/07/2020 13:48
Noite moi longa para os veciños da rúa Oliveira, en Poio. O incendio nun colector de lixo propagouse rapidamente e as lapas levaron por diante dous coches, que quedaron totalmente calcinados. Os veciños láianse de que, malia ter o parque de bombeiros de Pontevedra moi preto, Poio non está na súa zona de actuación, polo que se perdeu media hora valiosísima para evitar danos.
As autoridades investigan agora a orixe do incendio que, segundo os veciños, non sería o primeiro acto de vandalismo nunha zona que é de cotián tranquila.
O propietario dun dos vehículos queimados estaba de vacacións e o resto dos veciños seguen impactados polo susto que levaron coas dimensións que acadou o incendio.