CRTVG

Buscar

Dous chispazos de Nouman amargan a tarde do Coruxo en Pardellas (1-2)

Publicado o 11/09/2021 20:56

Vímolo na G2, a xornada da segunda federación comezou coa estrea en Pardellas do Coruxo, que vai xogar en Ponteareas mentres duren as obras no Vao.

E non foi unha estrea positiva, por culpa sobre todo de Nouman. O xogador do Adarve marcou os dous goles do seu equipo, que fixeron imposible a reacción do Coruxo.

Acurtou diferenzas o conxunto vigués, iso si, con este golazo de Chiqui. Pero o marcador xa non se moveu, un a dous a prol do Adarve.

Noticias web

11/09/2021