Dous casos sospeitosos en Euskadi dan negativo
As dúas persoas en estudo das que informou El Correo estarían ingresadas no hospital de Cruces, en Barakaldo, en Biscaia. Dous pacientes chegados hai pouco de Italia e con síntomas similares aos do Covid-19. As últimas informacións indican que deron negativo na primeira proba, pero que estarían pendentes dun segundo análise como indica o protocolo.
A nova non puido ser contrastada co departamento vasco de Saúde, que explicou que só informa de casos confirmados. O ministro de Sanidade presidiu a reunión comité de seguimento do coronavirus co asunto do brote en Italia sobre a mesa.
O comité recoñece que a situación preocupa pero chama á tranquilidade. O director do centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias indicou que van reforzar a prevención.
Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias: "Máis información aos viaxeiros desas zonas para que se detectan síntomas se relacionen correctamente co noso sistema sanitario e se lles poida detectar, e máis información ao noso sistema asistencial para detectar xente coa clínica adecuada que puiedese estar en contacto con casos sospeitosos nesas zonas de risco".
España no contempla neste momento o peche de fronteiras con Italia.
Fernando Simón., director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias: "O control de fronteiras pode ter algún pequeno efecto moi marxinal ao inicio das epidemias, non para evitar que chegue o patóxeno senón como moito para dar uns poucos días máis para prepararte".
Simón explicou que traballan en coordinación co resto de Europa e que este luns van ter unha reunión para debater sobre as zonas de risco e o impacto da situación en Italia.