Dous casos máis elevan a 36 persoas infectadas na residencia de Silleda
Publicado o 17/03/2021 18:21

Medra o foco da residencia de maiores de Silleda. Novos contaxios engordan o gromo de covid-19 rexistrado no centro que xestiona Coviastec.
Os positivos dun usuario e outra traballadora engádense aos existentes para deixar o total en 36 persoas: 34 internos e dúas empregadas, todos eles xa vacinados e sen síntomas.
No concello de Silleda hai 39 casos activos de coronavirus, deste xeito fóra do xeriátrico só quedan tres doentes coa enfermidade.