CRTVG

Buscar

Dous cans soltos agriden unha muller e a súa mascota

Publicado o 20/11/2020 13:42

Elena paseaba co seu cadelo por esta praia cando os dous cans de gran porte que residen nesta vivenda se abalanzaron sobre ela. Quedou tirada no chan e tivo que ser socorrida por Pedro e por outras persoas que paseaban por Lourido con bastante esforzo e tensión.

Un dos cans traboulle no polgar da man esquerda e foi atendida no PAC da Parda, a onde foi conducida por unha ambulancia do 061. O seu can de raza palleira tamén tivo que ser atendido no veterinario por trabaduras nas patas e no abdome. Os dous cans agresores son vellos coñecidos do barrio, xa que ás veces se soltan e, aínda que non son de razas perigosas, si son agresivos.

Polo de agora non hai denuncia, a Garda Civil conseguiu falar co propietario dos animais, que pediu perdón e dixo que se faría cargo dos danos.

Noticias web

20/11/2020