CRTVG

Buscar

Dous anos de prisión para o home acusado de abusar de Valeria Quer

Publicado o 07/04/2021 08:26
Dous anos de prisión para o home acusado de abusar de Valeria Quer

A Audiencia de Segovia condena a dous anos de prisión o home acusado de abuso sexual a Valeria Quer cando tiña 17 anos. Ademais non poderá achegarse á moza durante 5 anos a menos de 500 metros e terá que pagar unha indemnización de 3.000 euros.

O relato da sentenza considera probado que acusado e vítima estiveran de festa durante toda a madrugada, que se ofreceu a levala a dar unha volta en coche e aproveitando o estado de embriaguez de Valeria realizoulle tocamentos.

Noticias web

07/04/2021