Dous anos de cárcere por vender droga que agochaban en ovos de chocolate nun xardín da Pobra do Caramiñal
Publicado o 11/03/2020 12:51
Dous mozos aceptan dous anos de cárcere por traficar con droga na Pobra do Caramiñal. Enfrontábanse a unha petición de catro anos e medio de cárcere cada un por traficar con droga nos xardíns de Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal.
A Garda Civil atopoulles case catro gramos de cocaína repartidos en quince bolsiñas e outra pequena cantidade de haxix. Escondían a droga entre os arbustos en ovos de chocolate. Ao non ter antecedentes e recoñecer os feitos, a fiscalía rebaixoulles a petición de pena. Tamén pagarán 325 euros de multa cada un. Non entrarán en prisión a non ser que volvan delinquir nos dous próximos anos.