Dous anos de cárcere por abusar da súa neta
Publicado o 04/07/2019 21:47

Un home acepta a condena de 2 anos de cadea por abusar sexualmente da súa neta.
Os abusos ocorreron entre maio e xuño de 2017 cando a menor, de 12 anos ,residía canda o seu pai na casa do avó. A Fiscalía pedía unha pena de 4 anos, pero co acordo e debido á enfermidade que sofre, o octoaxenario non terá que entrar no cárcere e só terá que indemnizar a nena con 3.000 euros. Amais, non poderá achegarse a ela a menos de 300 metros durante cinco anos.