CRTVG

Buscar

Dous anciáns enrédanse a navalladas nun centro de Lugo por unha partida de dominó

Publicado o 23/01/2019 17:56
Dous anciáns enrédanse a navalladas nun centro de Lugo por unha partida de dominó

Axentes do Corpo Nacional de Policía investigan as circunstancias que levaron a dous anciáns, un de 72 anos e outro de 82, a enredarse a navalladas na zona pública do Centro de Día Maruja Mallo, como consecuencia da discusión que ambos iniciaron por mor dunha partida de dominó.

Fontes policiais informaron de que este suceso produciuse o pasado luns, sobre as seis da tarde e, como consecuencia da agresión mutua, ambos anciáns tiveron que recibir atención médica.

Os axentes de policía que se presentaron no lugar interviñeron dúas navallas, unha de 6 e outra de 8 centímetros. Os anciáns serán agora chamados a declarar para que cada un expoña ante os encargados do caso a súa versión sobre o sucedido.

Noticias web

23/01/2019