CRTVG

Buscar

Dos 313 concellos galegos só 21 están libres de coronavirus

Publicado o 24/01/2021 15:19

Son só uns poucos os municipios libres da covid. Os habitantes destes concellos a verdade é que viven un pouco máis tranquilos, pero non hai que baixar a garda. Dos 313 concellos só 21 están libres de coronavirus.

E todos eles repártense entre as provincias de Ourense e de Lugo. En Ourense son once municipios: Avión, O Bolo, Entrimo, Gomesende, Xunqueira de Espadanedo, Larouco, Parada de Sil, Punxín, Quintela de Leirado, A Teixeira e Vilariño de Conso. E en Lugo son dez concellos: os de Baleira, Carballedo, Cervantes, Xermade, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, Ribeira de Piquín, Trabada e Triacastela.

Nas provincias da Coruña e de Pontevedra non hai ningún concello libre de covid, o que xa nos dá boa conta de como está a situación.

Noticias web

24/01/2021

Máis sobre actualidade