Dora deixa nevaradas en Galicia por terceiro día consecutivo
A case 1.100 metros neste alto do Cebreiro amencían así neste día da Constitución. Pola covid desapereceron dos planos da neve os peregrinos que integraban ata agora a a paisaxe tanto como a capela de San Roque. Dora leva descargando neve desde o venres e farao ata o martes por riba dos mil metros de altura. Tamén en Triacastela e nalgunhas zonas de Baralla, en Lugo.
Agora estamos na serra do Faro, no concello lugués de Chantada. O seu punto máis alto está a 1.200 metros, así que desde o venres neva sobre nevado.
É o primeiro temporal de neve de decembro. Tinguiu de branco por iba dos 600 metros, unha das cotas máis baixas dos últimos decembros. Dora sementou Galicia de incidencias desde o venres acumulando neve e deixando placas de xeo no interior das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.