Dor en Terrasa pola morte dunha muller a mans do seu irmán
Publicado o 23/08/2020 21:32
Dor e consternación en Terrasa pola morte dunha muller de 51 anos a mans do seu irmán, de 46. Familiares e veciños da vítima gardaron esta tarde un minuto de silencio en repulsa por un crime que cren que puido evitarse.
O agresor, xa detido polos Mossos d'Esquadra, fora condenado hai un ano a seis meses de cárcere e afastamento por maltratar e ameazar a súa irmá, á que matou onte á noite cunha arma branca.