Donald Trump e a súa muller, Melania, dan positivo por coronavirus
O presidente estadounidense, Donald Trump deu positivo en coronavirus. Tamén a súa muller, Melania Trump.
O propio presidente anunciouno nas redes sociais. "Esta noite, a primeira dama e eu demos positivo por COVID−19. Empezaremos o noso proceso de corentena e recuperación de inmediato. Xuntos superarémolo!", dixo Trump en Twitter.
Tonight, @FLOTUS and I tested positive for COVID-19. We will begin our quarantine and recovery process immediately. We will get through this TOGETHER!
— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) October 2, 2020
Antes, xa informara de que iniciaba unha corentena porque lle detectaran o virus a unha das súas colaboradoras principais.
O positivo por Covid-19 colle a Trump metido de cheo na campaña para a súa reelección.
Hoxe tiña previsto participar nun mitin na Florida, que se suspendeu.