CRTVG

Buscar

Donald Trump, con covid-19, ingresado nun hospital militar por precaución

Publicado o 03/10/2020 09:51

Nos Estados Unidos, o presidente Trump foi hospitalizado, segundo explicou o seu médico, por precaución, dezaoito horas despois de recibir o diagnóstivo positivo en covid-19. O propio Trump asegurou nun vídeo en Twitter que está ben pero que quere asegurarse de que todo funciona. Saíu da Casa Branca en helicóptero a un hospital militar en Maryland, onde o están tratando co antiviral Remdesivir. O seu médico explicou que sente fatiga e algúns medios informaron de que tivo febre.
A primeira dama, igualmente contaxiada, tamén ten síntomas leves.

 

Noticias web

03/10/2020