Domingo de sol e praia á espera da entrada dunha nova fronte
Publicado o 11/07/2021 15:16
O anticiclón vai perdendo folgos conforme pasan as horas. As nubes irán en aumento e mesmo haberá posibilidade durante á tarde de precipitacións febles nalgunhas comarcas do litoral norte.
As temperaturas en zonas da costa de Pontevedra e Coruña descenderán lixeiramente. Pero, con todo e mentres a fronte non fai presenza, está sendo un domingo de praia e sol.
Atopamos areais con moita presenza de bañistas, desexosos dunha fin de semana de area e mar.