Domingo de alerta polos incendios de Sabariz e Guillamil, en Rairiz de Veiga
Publicado o 14/09/2020 06:17

Evolución favorable en Rairiz de Veiga. O último dato é de 130 hectáreas afectadas. Ardeu unha vivenda non habitada e tamén unha antiga reitoral abandonada. Neste incendio, chegou a declararse a situación 2 por causa da proximidade das lapas ao núcleo de Guillamil, pero foi desactivada contra a medianoite.