Documentan a actividade muralista de Luis Seoane en Bos Aires
Ilustrador, pintor, escritor e tamén intelectual. Todo isto foi Luis Seoane, unha figura que deixou un legado inconfundible na súa Bos Aires natal grazas aos seus murais.
Situados en galerías comerciais, espazos públicos ou mesmo aparcadoiros, máis dunha vintena de murais de Luis Seoane tinguen de cor Bos Aires.
Un patrimonio artístico único que a Universidade de San Martín está a documentar e catalogar, co obxectivo de difundir a labor muralística deste artista galego-arxentino.
Xunto cos murais, Seoane tivo unha extensa actividade cultural na Arxentina, especialmente no sector editorial.
Seoane foi, indubidablemente, un dos referentes culturais da comunidade galega na Arxentina.
A intención final dos investigadores é lanzar un percorrido dixital con estes murais, perfectos para visitar en tempos de pandemia.