CRTVG

Buscar

Doce anos de cadea por tentar matar a muller esnafrando o coche contra outro en Rande

Publicado o 14/12/2020 20:40
Doce anos de cadea por tentar matar a muller esnafrando o coche contra outro en Rande

12 anos de cárcere para o acusado de intentar matar a súa muller esnafrando o coche en que viaxaban contra outro vehículo, á altura de Rande. O tribunal sentencia que é o autor dun delito de asasinato en grao de tentativa e doutro de intento de homicidio respecto ao condutor do turismo contra o que bateu a propósito. O maxistrado determina que non hai dúbidas sobre a intencionalidade do accidente.




 

Noticias web

14/12/2020