CRTVG

Buscar

Djokovic pode con Nadal en Roland Garros e deixao sen final

Publicado o 12/06/2021 14:06

Nada mellor que este punto pra poñer imaxe o que foi a unha titánica batalla. Estamos no primeiro set, con saída asoballadora de Nadal, pero ao que se lle ven fendas nos ultimos xogos. Nadal pecha a manga cun 3-6.


Esas carencias e a viraxe no partido veñen polo cambio de Djokovic. O serbio sobe o seu nivel de agresividade e comeza a cambiar ritmos e alturas. Aí é cando lle falta finura a Nadal. Djokovic leva a segunda manga por 6-3.

E na terceira, chega o momento clave. Djokovic segue lanzado, pero Nadal alcanza pra revolverse a mandar o set ao tie-break. Djokovic está fresco e sólido e a manga cae do seu lado..


Daquela chega a excepción ao toque de queda pra que acaben a final. Nadal acusa fatiga e a perda da manga anterior. O cuarto set é máis cómodo pra Djokovic que pecha a semifinal cun 6 a 2.


Terceiira derrota de Nadal en 108 partidos en Roland Garros. Djokovic xogará o domingo a final con Tsitsipas.



 

Noticias web

12/06/2021