CRTVG

Buscar

Djokovic gaña en Wimbledon o seu terceiro grand slam do ano e iguala a Federer e Nadal

Publicado o 12/07/2021 10:50

Novak Djokovic vai lanzado á súa cita coa historia. En Wimbledon gañou o terceiro grand slam do ano, co que iguala con vinte grandes a Federer e a Nadal. O número un do mundo parece arestora imbatible, o que o deixa como claro candidato a completar a fazaña nos Estados Unidos e a situarse no máis alto.

O sexto título de Wimbledon comezou de xeito inagardado pra Djokovic. Porque rápido situou un 5-2 que parecía aclarar o primeiro set e o partido, mais logo chegou a reacción de Berrettini pra forzar o tie break e gañarlle aí a primeira manga. Foi o mellor momento, o máis sólido do italiano, porque nos sets seguintes fallou en tódolos puntos decisivos e converteu a final nunha nova secuela de Misión Imposible.

Certo é que o martelo que ten por saque e a contundencia da súa dereita o mantiveron na pèlexa, pero tamén que ten un revés cortado que nunca incomodou a Djokovic. E así foron caendo os sets do lado de Djokovic. Cargando o xogo sobre o revés e agardando o erro de Berrettini.

6-4, 6-4 e 6-3. Djokovic pechou a final en tres horas e 23 minutos e iguala con este triunfo o rexistros de Gran Slams de Nadal e Federer, 20.

Noticias web

12/07/2021