CRTVG

Buscar

Divulgan un vídeo con imaxes que mostran o incumprimento das normas en Lanzarote

Publicado o 31/07/2021 21:26

En Lanzarote, un concelleiro do municipio de Tías difundiu un vídeo para denunciar unha mostra clara do incumprimento das normas sanitarias nalgúns establecementos de ocio nocturno na illa. As imaxes grabáronse este xoves nun local de Puerto del Carmen. Turistas sen máscara, sen distancia de seguridade e sen reparo ningún divírtense nunha festa improvisada á vista da xente que pasa pola rúa e que incluso os anima. Lanzarote está neste momento no nivel de alerta 2 e ten 197 casos activos.
 

Noticias web

31/07/2021