CRTVG

Buscar

División de opinións da oposición ante a renuncia de Rivera

Publicado o 11/11/2019 20:52

No día da súa retirada, a traxectoria de Albert Rivera mereceu valoracións dispares por parte dos seus rivais.

O líder do PP, Pablo Casado, lamentou a marcha de quen describe como un gran político e un patriota que defendeu a liberdade e a concordia onde máis difícil era. Para o voceiro da executiva do PSOE, Óscar Puente, hoxe marcha o maior irresponsable do país, un ególatra patolóxico que pasou á historia pola súa torpeza. O número un de En Común Podem por Barcelona, Jaume Asens, acusou a Rivera de axitar a bandeira do odio e a confrontación e cre que foi vítima do seu propio discuso incendiario.

O presidente de Vox dixo que respecta os procesos internos doutros partidos políticos, pero Santiago Abascal  quixo recoñecer sobre todo o labor de Albert Rivera en Cataluña, do que destacou a súa "defensa do patriotismo e da liberdade".

"No día de hoxe só quero quedar cun recoñecemento a Albert Rivera e, especialmente, un recoñecemento da súa etapa en Cataluña, que estivo caracterizada polo patriotismo, pola defensa da unidade de España e pola defensa das liberdades", di Santiago Abascal, presidente de Vox.

Noticias web

11/11/2019