Diverxencias sobre o método na conferencia de presidentes autonómicos
A conferencia de presidentes autonómicos recibiu hoxe cuestionamentos por parte dalgúns dos seus integrantes. O presidente catalán, Quim Torra, queixouse de que Sánchez se centra en anunciarlles as decisións que adoita presentar os sábados nas súas comparecencias.
Tamén a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, cuestionou o método e a utilidade destes encontros telemáticos: "Fai falta que nos pregunten aos presidentes autonómicos antes destas videoconferencias, non despois", dixo.
Mentres, os titulares de executivos socialistas rexeitan a polémica. Pedro Sánchez amososuse hoxe disposto a activar un plan de rescate do sector turístico, que o presidente canario, Ángel Luis Torres, considera fundamental para as illas.
O presidente andaluz Moreno Bonilla foi un dos que reclamou o rescate do sector turístico e hoxe celebraba que esa idea cobre forza. Ademais, propoñía un plan de desescalada no seu territorioque aposta pola reapartura de bares e restaurantes antes de xuño.
Ximo Puig, presidente valenciano, referiuse á saída á rúa dos pais cos seus fillos e á suposta trangresión da norma por parte dalgúns. Insistiu en que non é posible retornar ao pasado recente sen unha fase de transión.
Finalmente, o lehendakari Íñigo Urkullu, pedíalle ao Goberno "máis criterio e menos tutelas" para xestionar a desescalada desde Euskadi.