CRTVG

Buscar

Dituro: "O do Celta vai ser un dos desafíos máis importantes da miña carreira"

Publicado o 30/07/2021 14:56

O novo porteiro do Celta, Matías Dituro, compareceu en conferencia de prensa para falar das primeiras sensacións como novo xogador do R. C. Celta. Dituro recoñeceu que a chamada do Chacho Coudet foi "determinante" para tomar a decisión de deixar o fútbol chileno e asinar cos vigueses, onde xa xogara hai unha década. 

Será unha das grandes dúbidas desta temporada no cadro celeste, saber cal vai ser o porteiro titular. "A competencia é boa, para nós e para o equipo", asegurou Matías Dituro, que recoñeceu que o desafío de xogar no Celta "ía ser un dos máis importantes da miña carreira". 

Noticias web

30/07/2021