Disturbios illados e pouca afluencia na volta dos chalecos amarelos en París
Publicado o 13/09/2020 10:45
Dous anos despois das súas primeiras mobilizacións, o regreso dos chalecos amarelos en Francia non logrou o alcance previsto polos organizadores, e acabou co arresto de 147 persoas e 90 multas por disturbios. As detencións debéronse sobre todo á requisa de obxectos perigosos, como martelos, parafusadores, paus de metal e barras de madeira portadas polos manifestantes.
Desta volta, aos chalecos sumáronse tamén as máscaras sanitarias. Todos os convocados solicitan unha maior atención do Goberno francés, que cualifican de "demasiado elitista".