CRTVG

Buscar

Distanciamento social tamén nas piscinas este verán

Publicado o 15/05/2020 21:38

A tempada de piscinas públicas será atípica este verán polo coronavirus. Nada de xuntarse, ao contrario, bañistas e traballadores deberán estar sempre a dous metros de distancia como mínimo. As instalacions, as de auga e zonas secas, deberán limparse e desinfectarse varias veces ao día.

Haberá control no número de usuarios, que serán menos do habitual. Os obxectos personais dos usuarios deberán estar nun perímetro de seguridade. Toallas, roupa ou mochilas deberán estar separadas e cada
usuario controlará as súas pertenzas.

De momento, non hai unha data definitiva para a reapertura das piscinas públicas.


 

Noticias web

15/05/2020