CRTVG

Buscar

Dispoñibles na aplicación móbil do Xabarín os 26 primeiros capítulos de "Miracle Tunes"

Publicado o 10/10/2020 23:27

Chegou o día. Hoxe temos a primeira estrea dixital da historia da CRTVG. Desde as 10 da mañá están dispoñibles na aplicación móbil do Xabarín os 26 capítulos da primeira temporada de "Miracle Tunes".

É a primeira vez que a canle pública galega lanza un produto en dixital antes que na televisión. Ademais de poder velos na aplicación móbil, desde o día 19 tamén se emitirán pola segunda canle. Producida pola galega Portocabo e a italiana ShowLab, "Miracle Tunes" é a adaptación para Europa da serie xaponesa do mesmo nome, que se estreou en 2017 e desde entón converteuse nun auténtico fenómeno en múltiples países asiáticos.


 

Noticias web

10/10/2020