CRTVG

Buscar

Dispárase o número de prazas de aloxamento en Lugo

Publicado o 29/05/2019 20:29

Dende que o Camiño Primitivo foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2015, o impacto desta ruta xacobea non parou de crecer. Con este e con outros atractivos, nos últimos catro anos a provincia de Lugo gañou máis de 700 prazas de aloxamento. Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo: "Estase notando en toda a provincia, non só por onde pasa o camiño. O Camiño Francés, o Primitvo ou o do Norte teñen a súa incidencia, pero á parte hai moitas outras cousas que redundan en que as prazas de aloxamento na provincia de Lugo estean subindo dunha maneira moi importante."

Tamén se disparou o número de peregrinos que percorren o Camiño Primitivo, que o ano pasado xa superaron os 15.000. Ademais, está a mudar o seu perfil, que cada vez é máis internacional. Brenda Retaci, hostaleira:
"Sobre todo os que veñen son de fóra, estranxeiros. De Inglaterra ou de Francia son os que máis abundan. E despois, cara a setembro ou outubro son xente máis maior e de aquí."

Prevese que o número de prazas de aloxamento siga a aumentar en varios centos máis coa próxima apertura de dous hoteis en Lugo e outros dous na Ulloa.

Noticias web

29/05/2019