CRTVG

Buscar

Dispárase o gasto de luz e gasóleo nas granxas

Publicado o 22/07/2021 16:30

En Mazaricos, o concello máis leiteiro de Galicia, as contas empezan a non cadrar nas granxas. E é que en ganderías coma esta, onde están a muxir cincocentas vacas tres veces ao día, a suba da tarifa eléctrica está a repercutirlles duramente.

Á luz hai que engadirlle a suba do gasóleo B para uso agrícola, que pasou de 45 céntimos o litro en xullo do ano pasado aos máis de 72 deste ano. As empresas que prestan servizos de maquinaria son as que máis están a notar esta suba, e as perspectivas son de que continuará. Un aumento de custos que se suma ao rexistrado desde primeiros de ano polas materias primas para a alimentación do gando.

Noticias web

22/07/2021