CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia na Pobra de Trives, con 24 casos activos

Publicado o 31/08/2021 14:28

Con 24 casos activos, a explosión de contaxios na Pobra de Trives preocupa, e na hostaleria xa agardan un aumento das restricións.

Pendentes da decisión do comité clínico, aquí hai pouco máis dunha semana non había coronavirus e agora complicouse a situación.

Para atopar posibles asintomáticos, o Sergas convoca á poboación de entre os 12 e os 45 anos a participar nun cribado masivo, a partir das catro da tarde, no pavillón municipal.

Na área sanitaria de Ourense baixaron os casos activos, de 687 de onte a 672 de hoxe, a maioría dos casos están na cidade, con 234, pero preocupa tamén Verín, con 38; o Barco, con 35, e Viana do Bolo, con 33.

Noticias web

31/08/2021