CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia en Viveiro, que rexistra 34 positivos

Publicado o 25/05/2021 13:56

Con 34 contaxios novos, a incidencia acumulada en Viveiro é de 220 casos por cada 100.000 habitantes. Xunto con Monforte e Vilalba, o concello máis poboado da Mariña concentra o maior aumento de positivos en toda a área sanitaria de Lugo.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña: "Temos un incremento de casos na Mariña, que se concentrou fundamentalmente nun foco laboral en Viveiro, tamén en Cervo pero sobre todo en Viveiro. Ao longo da semana pasada aumentaron o número de casos que foron aparecendo. Todos os casos en Viveiro están trazados e están todos relacionados co mesmo gromo. As cadeas de transmisión están controladas, neste caso".

Sete dos casos rexistrados en Viveiro corresponden aos alumnos do colexio de Celeiro, onde se realizará un cribado en dúas aulas de ensino primario. Rita Lamas, directora do CEIP de Celeiro: "Nestes momentos temos unha aula de infantil pechada e un caso nunha aula de primaria. Dende Sanidade vannos facer un cribado en dúas clases de primaria por unha familia. A cousa agora mantense, pero a fin de semana foi complicada porque foron xurdindo novos casos".

No resto da provincia de Lugo, onde os tests de saliva xa están dispoñibles en máis de 150 farmacias, tanto Monforte como Vilalba contabilizan 22 positivos.

Noticias web

25/05/2021