CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia da Covid-19 en Betanzos, que rexistrou 80 casos novos nunha semana

Publicado o 16/08/2021 14:36

Xornada de feira en Betanzos, sen esquecer as medidas de seguridade. É a localidade da área metropolitana da Coruña que ten a día de hoxe a incidencia máis alta de Covid 19.  Unha incidencia que se dispara ata os máis de 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días. "Somos nós mesmos, que non sabemos respectar as normas", di unha veciña. 

O municipio ten actualmente 135 casos activos de Covid. 80 deles rexistráronse na última semana. Os hostaleiros miran as cifras con preocupación.  "Seguramente pecharannos dentro, so poderemos atender fóra e mesmo nos poden reducir máis a acollida. Agardamos non ter que pechar como sucedeu antes", di a propietaria dun local. 

Preocupa tamén o foco detectado nesta residencia de maiores, a García Hermanos. Hai 28 usuarios contaxiados. "Cada vez hai máis gromos"- di con preocupación e incerteza outra viandante. 

Unha situación que de seguir agravándose, podería levar as autoridades sanitarias a revisar e endurecer as medidas fronte ao coronavirus en Betanzos. Un municipio que se sitúa actualmente no nivel alto de restricións

Noticias web

16/08/2021