CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia acumulada nos concellos de Rábade e A Pobra do Brollón

Publicado o 30/03/2021 14:53

Un novo gromo no concello lugués de Rábade volve poñer en alerta os veciños. Volver sentir o virus preto esperta diferentes sentimentos entre os veciños da zona.

Moitos saen da casa só para o xusto. Os negocios temen novas restricións e din que a situación é inquietante.

O mesmo acontece no concello lugués da Pobra do Brollón, onde repuntan os contaxios tras un gromo familiar.

Aquí hai só 15 días que saíran do nivel máximo de restricións e agora apelan á responsabilidade da xente para non volver a el.

Os novos casos fan que tanto en Rábade coma na Pobra do Brollón a incidencia acumulada se disparase por riba dos 400 casos por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

30/03/2021