CRTVG

Buscar

Dispárase a contratación de seguros de viaxe con cláusulas anticovid−19

Publicado o 20/07/2021 14:49

Non poder saír dunha zona con peche perimetral, ingresar nun hospital por contraer o coronavirus ou non desfrutar dos servizos contratados por causa de súbitas restricións son algúns dos supostos que poden acontecer durante as viaxes vacacionais debido á situación de pandemia. Por iso, é preciso contratar seguros que inclúan eses imprevistos e revisar as cláusulas unha por unha.

"Estes seguros están pensados para as circunstancias actuais. Pero sempre hai que ler as condicións", di Víctor Múñoz, da asociación de consumidores FACUA.

Case todas as viaxes que se tramitan nas axencias inclúen xa seguros anticovid−19. Un traballo engadido pero que se fai imprescindible para evitar posteriores reclamacións. "Todo o que se contrate na axencia vai estar cuberto polo seguro da viaxe", explica Noelia Pérez.

Convén que a prolongación de estadías se corresponda cos días de corentena, que o prezo por día sexa o da situación inicial ou que os gastos médicos cubertos non baixen de cinco mil euros.

Noticias web

20/07/2021