CRTVG

Buscar

Dispáranse as reservas e as chegadas de turistas británicos a España

Publicado o 20/07/2021 12:14
Dispáranse as reservas e as chegadas de turistas británicos a España

Unha avalancha de turistas británicos chegou a España nos últimos días e as reservas disparáronse ata un 400 %. Esta chegada masiva de británicos prodúcese logo de que o Goberno de Londres decidise que todos os seus cidadáns que estean vacinados non terán que facer corentena ao seu regreso de España.

Só no día de onte estaban programados case 500 voos entre o Reino Unido e os principais destinos turísticos españois. 

Noticias web

20/07/2021