CRTVG

Buscar

Dispáranse as reservas de apartamentos turísticos na Mariña tras a fin do estado de alarma

Publicado o 11/05/2021 20:42

O teléfono non deixa de soar desde que rematou o estado de alarma. As axencias da Mariña luguesa están ao tope. En tempo de pandemia, os apartamentos turísticos gañan terreo para unhas vacacións seguras e en familia, e as reservas dispáranse.

E para agosto algunhas axencias, en lugares como Foz, teñen xa un 80 por cento reservado, e agardan chegar ao 100 por 100, mesmo tamén en xullo. Pero tamén xuño ou setembro suman xa reservas. Son turistas, en moitos casos, que veñen por primeira vez á Mariña na procura dun turismo menos saturado, e moi concienciados coa situación sanitaria.

Para estimular as reservas anticipadas, ofertan prezos especiais para ser máis atractivos ca os hoteis, e tamén garantías de cancelación de balde en caso de que chegasen novas restricións sanitarias.

Noticias web

11/05/2021