Dispáranse a 2.106 os casos nos colexios e seguen crecendo tamén nas residencias
Publicado o 19/01/2021 20:33

Aumentan os infectados nos xeriátricos galegos. Hai 385 usuarios e 200 traballadores con covid. Os maiores gromos están na residencia de maiores de Ribeira, na Paz y Bien de Tui e na DomusVi de Vimianzo. O último gromo detectouse nun centro de persoas con discapacidade en Crecente.
Pero tamén van a máis os casos nos centros escolares. A volta á clase tras o Nadal elevou a 2.106 os positivos, o récord desde o inicio do curso. Son 414 casos máis ca no anterior reconto do sábado. Agora hai 77 aulas e catro centros pechados.