CRTVG

Buscar

Disolven varias festas ilegais en Pontevedra, Lugo e Fisterra

Publicado o 07/12/2020 15:25

A policía tivo que desaloxar unha festa ilegal con 26 persoas en plena zona histórica de Pontevedra. Algúns dos asistentes viñan de fóra da cidade, polo que incumpriron o peche perimetral. Ademais non eran conviventes e non levaban máscara.

Pero non é o único caso. En Lugo, os axentes disolveron outras dúas festas con 18 persoas nas que non se respectaba o límite de reunión nin o toque de recollida. E tamén esta mesma fin de semana, a Garda Civil impuxo 10 denuncias por unha festa nunha casa semiabandonada en Fisterra.

 

Noticias web

07/12/2020