CRTVG

Buscar

Disolven un macrobotellón de 300 persoas na praia de Razo, en Carballo

Publicado o 21/08/2021 19:53

A Garda Civil disolveu a madrugada do sábado un macrobotellón coa asistencia dunhas 300 persoas que se celebraba na praia de Razo, en Carballo.

Varias chamadas de particulares alertaron os axentes da Garda Civil do que sucedía no areal con varios botellóns coa participación de centos de mozos.

Os axentes desprazáronse ata o lugar para evitar as aglomeracións e realizaron diversas denuncias polo incumprimento das medidas sanitarias contra a covid.

 

 

 

 

 

 

Noticias web

21/08/2021